Noticias

O transporte metropolitano entra na campaña

O transporte metropolitano entra na campaña electoral da man do PSdeG-PSOE que promete a súa posta en marcha si Besteiro é o próximo presidente da Xunta de Galicia.

En palabras dos socialistas, concellos como Amoeiro, Coles, Punxín, Barbadás, Toén, Taboadela, San Cibrao, Pereiro de Aguiar ou Paderne sofren un «agravio» pola falta dunha rede de transporte metropolitano.

O transporte metropolitano entra na campaña

Nun acto realizado na rotonda da familia da Valenzá, no concello de Barbadás, integrantes da candidatura socialista mostraron a «necesidade imperiosa» de por en funcionamento este servizo. «Facilitar as comunicacións e a mobilidade, asentar poboación no rural, frear a crise demográfica e mellorar a calidade de vida dos cidadáns e cidadás da comarca de Ourense» son algunhas das vantaxes do transporte metropolitano segundo os socialistas.

Nacho Gómez, número 2 da candidatura por Ourense, destacou que «este proxecto é fundamental, tanto para a cidade de Ourense, como para todos os concellos da súa contorna». Ante as medidas impulsadas desde a Xunta de Galicia, Gómez sinala que «non coñecen a realidade do territorio, nin as necesidades da veciñanza».

O transporte metropolitano entra na campaña
Foto: PSdeG-PSOE

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, recordou que os concellos implicados «teñen aprobadas dende hai máis dun lustro as ordenanzas municipais que permiten a entrada en vigor do transporte metropolitano».

Botón volver arriba