O PSdeG-PSOE ten claro que realizará unha aposta clara polo termalismo en Ourense si consegue a presidencia da Xunta de Galicia para José Ramón Gómez Besteiro.
Destacan os socialistas a necesidade de crear un plan estratéxico termal que permita recuperar os distintos espazos da provincia e da cidade de Ourense.
Unha aposta clara polo termalismo en Ourense
«Darémoslle o pulo necesario para que o termalismo brille con luz propia e nos permita xerar emprego, así como riqueza, a través da chegada de turistas» indican os socialistas.
Carmen Rodríguez Dacosta recorda que Ourense «é a segunda cidade europea co maior caudal termal, e sen embargo o PP desaproveitou ao longo dos últimos anos a oportunidade de situar á provincia e á cidade no mapa do termalismo mundial».
Pola súa banda, Nacho Gómez Pérez, destacou que «con Besteiro de presidente da Xunta de Galicia, os recursos termais terán a capacidade que deberían ter dende fai moito tempo na nosa provincia».