Noticias

Unha exposición en Barbadás destaca a importancia dos insectos

A Casa da Cultura Manuel María de Barbadás acolle desde esta semana a exposición didáctica “Sen insectos non hai vida”, promovida por Ecoloxistas en Acción Ourense en colaboración coa Concellería de Cultura.

A mostra estará aberta ata o 11 de abril na sala de exposicións do edificio municipal.

Unha exposición en Barbadás destaca a importancia dos insectos

A iniciativa busca concienciar a maiores e pequenos sobre o papel esencial dos insectos no ecosistema. A través de 11 paneis informativos, explícase a súa función na polinización, o ciclo de nutrientes e as cadeas alimenticias de aves e outros insectívoros.

Unha exposición en Barbadás destaca a importancia dos insectos
Foto: Concello de Barbadás

A concelleira de Cultura, Ana Peleteiro, anima á poboación a visitar a exposición para comprender “a gran importancia ecolóxica” destes seres vivos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.