«Unha viaxe ao Ourense esquecido» é a primeira proposta que a Plataforma Queremos UPO organiza neste 2023 en colaboración co Liceo de Ourense.
«Unha viaxe ao Ourense esquecido»
Estas dúas entidades, Queremos UPO e Liceo de Ourense, están a organizar numerosas propostas para este ano no que o resultado das eleccións municipais marcará a posibilidade de recuperar a normal actividade da Universidade Popular.
Nesta primeira proposta, en colaboración con Via Auria, atopamos a posibilidade de coñecer o Ourense esquecido. A Asociación Vía Auria é unha entidade cultural con gran experiencia no deseño de rutas por lugares singulares da provincia.
Para participar nesta ruta cultural por Ourense só é preciso estará no Paseo Central do Xardín do Posío o 22 de marzo ás 16:30h.