Eventos

V Concurso de Pinchos de Barbadás

O V Concurso de Pinchos de Barbadás terá lugar os días 16 e 17 de setembro coa participación de 10 establecementos.

Nova edición de Barbadás a Bocados que ten como novidade na edición de 2022 a participación de dos establecementos de fora da Valenzá. O Bar Pepito de Barbadás e O Regueiro de Piñor participan por primeira vez neste concurso.

V Concurso de Pinchos de Barbadás

As anteriores edicións do Concurso de Pinchos de Barbadás foron todo un éxito de participación. Os establecementos participantes elaboran decenas de pinchos para saciar ós asistentes a este evento.

Durante os días 16 e 17 de setembro, Barbadás será o lugar onde conflúan os amantes da gastronomía para saborear e votar ós mellores pinchos. O horario do concurso será de 19h a 00h.

V Concurso de Pinchos de Barbadás

Como é habitual, o concurso de pinchos ven acompañado doutras actividades. Os participantes na votación popular entrarán nun sorteo de diversos agasallos. Tamén haberá un xurado profesional que valorará ás mellores creacións culinarias. A animación musical polas rúas permitirá gozar dun ambiente que nos fará volver á época prepandemia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba