Familias

Verán de actividades no Pereiro de Aguiar 2023

Nuns días comezará un verán cheo de actividades no concello de Pereiro de Aguiar que no 2023 contará con música, teatro ou deporte.

O concello de Pereiro de Aguiar presenta unha nova programación de actividades para dar continuidade ás propostas de anos anteriores.

Verán de actividades no Pereiro de Aguiar 2023

Nesta ocasión, desde o 22 de xuño ó 3 de setembro atoparemos varias propostas pensadas para toda a familia.

Verán de actividades no Pereiro de Aguiar 2023
Foto: concello de Pereiro de Aguiar
  • Peque Disco Moc Moc
    22 de xuño – 18:30h – Salón Multiusos dos Gozos
  • León Azul (Trécola Teatro)
    30 de xuño – 20h – Praza do Concello
  • Animaladas (Teatro Calavera)
    14 de xullo – 20h – Praza do Concello
  • Actuación do grupo Folk Rebulir
    25 de xullo – 20h – Praza do Concello
  • Consertasso na horta (Brais das Hortas)
    28 de xullo – 20h – Praza do Concello
  • Festa Etnográfica de Loñoá
    6 de agosto – 11h a 20:30h – Loñoá
  • A cabeza do Dragón (Títeres Cachirulo)
    18 de agosto – 20h – Praza do Concello
  • Día da bici
    3 de setembro – 11h – Praza do Concello
Verán de actividades no Pereiro de Aguiar 2023

Botón volver arriba