A plataforma Vía Galega organiza para este sábado, 23 de novembro, un acto de izado da bandeira galega en varias localidades de Galicia.
Esta iniciativa xurdiu fai tres anos e tomou como referencia a I Asemblea Nacionalista das irmandades da Fala que tivo lugar en novembro de 1918.
Vía Galega organiza un acto de izado da bandeira galega
Vía Galega solicita á veciñanza que coloque bandeiras de Galicia nas súas vivendas para popularizas este símbolo. O día 23 ás 12h, actos programados en varias localidades da comunidade permitirán colocar a bandeira galega en lugares de gran visibilidade.
Durante estes actos tamén se realizarán lecturas de obras literarias onde se fai referencia á bandeira de Galicia. As letras de Manuel María, Ramón Cabanillas ou Marica Campo soarán nestes actos.
Na cidade de Ourense, o acto terá lugar na Praza do Correxedor. O cantautor e compositor Andrés X. Fernández interpretará varias pezas durante o acto.