O concello de Vilar de Barrio celebra este fin de semana a 44ª edición da Festa da Pataca cun programa de actividades e un concurso no que se premiarán os mellores produtos.
Os días 7 e 8 de outubro de 2023, Vilar de Barrio acollerá unha nova edición da Festa da Pataca con espazos expositivos, gastronómicos, musicais e de convivencia veciñal.
Vilar de Barrio celebra a Festa da Pataca
O grupo de pandereteiras «Trapalleiras» de Vilar de Barrio e o grupo de gaitas «Par de Par» serán os encargados de animar musicalmente o comezo desta festa. Durante o evento haberá exposición de produtos, puntos de venta e degustacións.
Vemos a continuación o programa de actividades previsto:
Sábado, 7 de outubro
- 18:30h – Pandereteiras «Trapalleiras» de Vilar de Barrio e grupo de gaitas «Par de Par».
- 19h – Actuación musical
- 20h – Cea Popular
- 23h – Discomóbil A Gramola
Domingo, 8 de outubro
- 10h – Recepción de produtos
- 12h – Desfile da Banda de gaitas » A Peniza» de Vilar de Barrio»
- 12:30h – Inauguración
- 12:30h e 19h – Comida e Cea Popular
- 18h – Actuación-Monólogo do actor Carlos Blanco
- 19h – Trío Rosel
Comida e Cea popular na Festa da Pataca
Durante a celebración da 44ª edición da Festa da Pataca terán lugar dous eventos gastronómicos. O sábado, 7 de outubro, celebrarase unha cea popular a partir das 20h. O domingo, 8 de outubro, unha comida e cea popular terá lugar ás 12:30h e as 19h.