Un acto no Teatro Principal marcou o inicio das Xornadas de Folclore 2022 en Ourense nas que participan grupos de Chile, Colombia, México, Angola, Indonesia e Costa de Marfil.
No ano 2022, as Xornadas de Folclore chegan á súa 37ª edición grazas ó impulso que a Deputación de Ourense e o Centro Xaquín Lorenzo outorgan a este evento.
Xornadas de Folclore 2022 en Ourense
A participación de grupos procedentes de varios países permitirá levar pola provincia diversas manifestacións folclóricas. Estas xornadas son un clásico de tódolos veráns na provincia.
No acto realizado no Teatro Principal, o vicepresidente segundo da Deputación, Cesar Fernández, deu a benvida ós máis de 200 participantes. Cesar Fernández destacou a realización «un ano máis, e xa van 37 edicións, un dos eventos culturais de toda a provincia de Ourense, e que ademais e, sen dúbida, unha interesante forma de compartir culturas».
Grupos participantes nas Xornadas de Folclore
- Chile – Ballet Folclórico Municipal de Rancagua
- Angola – Ballet Himalaya
- Colombia – Compañía Internacional de Danza Paipa
- Costa de Marfil – Compagnie Artistique Mien-Moh
- Indonesia – Liga Tari Mahasiswa Kridabudaya
- México – Ballet Folklórico do Instituto Tecnológico de Celaya.
Programa de actuacións
- Martes, 9 de agosto, en Bande ás 20:30h. (Grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile)
- Martes, 9 de agosto, en A Rúa ás 20:30h (Grupos de Angola, Colombia e México)
- Mércores, 10 de agosto, en Celanova ás 20:30h. (Grupos de Angola, Colombia e México)
- Mércores, 10 de agosto, en O Carballiño ás 22:30h. (Grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile)
- Xoves, 11 de agosto, en Allariz ás 22:30h. (Grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile)
- Xoves, 11 de agosto, en Maceda ás 22:30h. (Grupos de Angola, Colombia e México)
- Venres, 12 de agosto, en Manzaneda ás 22:30h. (Grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile)
- Venres, 12 de agosto, en Castro Caldelas ás 22:30h. (Grupos de Angola, Colombia e México)
- Sábado, 13 de agosto, en Entrimo ás 20.30h. (Grupos de Angola, Colombia e México)
- Sábado, 13 de agosto, en Viana do Bolo ás 22:30h. (Grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile)
- Domingo, 14 de agosto, en Xinzo de Limia ás 20h. (Grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile)
- Domingo, 14 de agosto, en Trives ás 22:30h. (Grupos de Angola, Colombia e México.
- Luns, 15 de agosto, en Verín ás 22:30h.
- Luns, 15 de agosto, en O Barco de Valdeorras ás 22:30h.
- Martes, 16 de agosto, en Ourense ás 22:30h. (Tódolos grupos)
- Mércores, 17 de agosto, en Ribadavia ás 23h. (Clausura das Xornadas no Castelo de Ribadavia coa participación de tódolos grupos)