Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno, será a protagonista dos actos organizados polo 8M en Barbadás e que comezaron este venres coa obra teatral O Furancho.
A visita a Barbadás de Yolanda Díaz supón o acto máis relevante dos que o concello de Barbadás organiza este ano para conmemorar a celebración do 8M, Día Internacional da Muller.
Yolanda Díaz será a protagonista dos actos polo 8M en Barbadás
Este luns, 6 de marzo, a vicepresidenta segunda do Goberno estará na Casa da Cultura de Barbadás para ofrecer unha conferencia baixo o título «Un tempo para traballar e un tempo para vivir: a última fronteira para a igualdade real».
Esta actividade ofrece unha gran relevancia e proxección ó programa de actividades previsto polo concello de Barbadás.
- Venres, 3 de marzo
Obra de teatro «O Furancho» - Luns, 6 de marzo
Conferencia de Yolanda Díaz, vicepresidenta do Goberno - Mércores, 8 de marzo
Acto na rotonda da Familia co alumnado dos colexios Filomena Dato e Ruxidoiro - Venres, 10 de marzo
Obradoiro «Deconstrucción dos mitos do amor romántico» no CEIP Filomena Dato - Mércores, 15 de marzo
Obradoiro «Ferramentas para detectar as violencias machistas» no Colexio Luis Vives - Xoves, 16 de marzo
Obradoiro «Ferramentas para detectar as violencias machistas» no IES Ferro Couselo - Venres, 31 de marzo
Obradoiro «Deconstrucción dos mitos do amor romántico» no CEIP O Ruxidoiro
Iniciativa «Referentes»
Dentro da programación prevista polo concello de Barbadás durante este mes de marzo para celebrar o mes da muller, atópase a iniciativa «Referentes». Este proxecto busca «dar visibilidade á presencia das mulleres en todos os sectores como factor de motivación para as novas xeracións».
- 9 de marzo no IES Ferro Couselo e o Colexio Luis Vives
Zulema González González – árbitra internacional e de 1ª división,
Alba Rodríguez Vázquez, adestradora do CD Arenteiro e seleccionadora ourensá sub14 feminino, e
Beatriz Seijas Couce, entrenadora fútbol sala Ourense Envialia B e ex-xogadora internacional de 1ª división de fútbol sala.
- 16 de marzo nos Colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro
Vanesa Domínguez Sousa – Coordinadora do Plan Director da Garda Civil
Lema: = é +
Baixo O lema «= é +» recóllense todas as propostas que a concellaría de igualdade organizou para este ano. Elisabet González Nistal, concelleira responsable desta área indicou que «consideramos que a igualdade é máis respecto, máis diversidade, máis xustiza, máis visibilidade e máis bo trato, corresponsabilidade, benestar…»