Noticias

130.000 euros para mellorar a compostaxe en Barbadás

130.000 euros é a cantidade que destinará o concello para mellorar a compostaxe individual de materia orgánica en Barbadás.

O plan que levará a cabo o concello de Barbadás pretende que a finais do ano 2023 se cumpran os índices de reciclaxe de residuos marcados pola Unión Europea.

130.000 euros para mellorar a compostaxe en Barbadás

Victoria Morenza, tenente de alcalde, indica a importancia de «realizar a separación do resto de fraccións. Hai que ter en conta que a fracción orgánica é a que máis peso ten, xunto co vidro, no conxunto das diferentes fraccións».

Este programa ten un plan de acción para A Valenzá e outro para o medio rural. Na localidade da Valenzá, o concello repartirá 700 caldeiros de 10 litros de capacidade para facilitar a compostaxe doméstica. Tamén repartirá o concello «máis de 2.000 atados de bolsas compostables de uso doméstico de 10 litros de 42 x 45 centímetros, nos que cada rollo contén 30 bolsas, que estarán elaboradas con materiais naturais» destaca Victoria Morenza.

130.000 euros para mellorar a compostaxe en Barbadás

Parte do orzamento deste programa será destinado ó transporte dos residuos orgánicos ata a planta de tratamento de residuos de Leiro. Este transporte suporá unha inversión de 70.000 euros.

Publicaciones relacionadas

No medio rural instalaranse contedores marróns xunto cun kit de compostaxe (aireador, malla antirroedores e un manual). «A introdución da fracción orgánica, socialmente é un feito equiparable ao que no seu momento supuxo a introdución do contedor amarelo«. Victoria Morenza recorda que «con este proxecto, o noso Concello será pioneiro na recollida selectiva de materia orgánica na provincia de Ourense, o que esperamos fáganos cumprir a normativa europea, estatal e galega sobre residuos».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.