Eventos

150 bailaríns participan no Día Internacional da Danza de Ourense

150 bailaríns participan no acto previsto polo Día Internacional da Danza no concello de Ourense que se celebrará esta tarde na Praza de San Martiño.

Hip-Hop, comercial dance, flamenco, break dance, urban dance, comercial dance ou dancehall son algúns dos estilos musicais representados no acto.

150 bailaríns participan no Día Internacional da Danza de Ourense

Este celebración realízase dende o ano 1982 para homenaxear a Jean-Georges Noverre, creador do ballet moderno. O Día Internacional da Danza supón unha xornada para «deleitarse coa universalidade desta forma de arte, cruzar todas as barreiras políticas, culturais e étnicas, e unir as persoas baixo unha linguaxe común: a danza».

Todos os anos, a UNESCO solicita que unha persoa destacada faga unha mensaxe. Nesta ano 2023 a elexida foi Yang Liping, bailarina e coreógrafa chinesa. «A linguaxe corporal é a forma máis instintiva de comunicación que ten a humanidade. Como bebés podemos usar as nosas mans e pés para realizar xestos similares á danza mesmo antes de aprender a pronunciar unha palabra; é entón cando xorde a danza desta «lingua primitiva”.

150 bailaríns participan no Día Internacional da Danza de Ourense

O evento na Praza de San Martiño comezará ás 18.30h.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.