19 medallas foi o resultado para o Club Ximnasia Pavillón na súa participación na fase final do provincial escolar que se celebrou en Maceda.
13 conxuntos e 9 ximnastas en categoría individual representaron ó Club Ximnasia Pavillón e o Club Escola Ximnasia Pavillón nesta competición.
19 medallas para o Ximnasia Pavillón no provincial escolar
Todos os conxuntos de nivel escolar do Ximnasia Pavillón lograron clasificarse para o Campionato Galego. As oito medallas de Ouro, sete de prata e os catro bronces foron logrados por:
Individual
- 3 Medallas de Ouro
Carla Camino en prebenxamín
Olivia Currás en benxamín
Alexandra González en infantil - 4 Medallas de Prata
Ximena González en iniciación
Elia Lorenzo en prebenxamín
Ana Sofía Fernández en alevín
Daniela Pérez en infantil - 2 Medallas de Bronce
Noa Pereira en alevín
Pura Diéguez en sénior
Conxuntos
- 5 Medallas de Ouro
Iniciación Ximnasia Pavillón
Prebenxamín Ximnasia Pavillón
Benxamín Escola Pavillón
Infantil Escola Pavillón
Sénior Ximnasia Pavillón - 3 Medallas de Prata
Alevín Escola Pavillón
Infantil Escola Pavillón
Sénior Ximnasia Pavillón - 2 Medallas de Bronce
Prebenxamín Ximnasia Pavillón
Cadete Ximnasia Pavillón
Segunda fase Copa deputación
Tamén se disputou en Maceda a segunda fase da Copa Deputación nos niveis promoción e prebase. A participación en categoría individual e conxuntos do Club Ximnasia Pavillón permitiu dar continuidade ó traballo de preparación para o campionato autonómico do mes de xuño.
Nas categorías individuais alevín (Noa e Sabela) e infantil (Carlote e Alexia), o Club Ximnasia Pavillón logrou as medallas de ouro e prata. A maiores, os cinxo conxuntos lograron o primeiro posto en benxamín, alevín, xuvenil e máster en promoción así como en cadete prebase.