Xa coñecemos a programación do 36º Mes Cultural que se celebra en Seixalbo baixo a organización da Asociación Veciñal San Breixo.
A veciñanza de Seixalbo comezou en 1987 un proxecto que consistía en celebrar unha Semana Cultural. Decenas de artistas e agrupacións pasaron por Seixalbo para formar parte das programacións que cada ano contribuían ó desenvolvemento dunha actividade cultural de calidade.
36º Mes Cultural en Seixalbo
Con medios limitados pero infinidade de colaboracións, a Asociación veciñal San Breixo de Seixalbo decidiu fai seis anos que a Semana Cultural medrase para converterse no «Mes Cultural».
Na edición deste ano que comeza o sábado, 2 de setembro, haberá unha programación para todos os públicos.
Pintura, música, xogos tradicionais, festa da escuma ou contacontos son algunhas das propostas que atopamos na programación do Mes Cultural de Seixalbo. As agrupacións locais Cantigas do Seixo e Trovare realizarán a clausura o 8 de outubro.