Eventos

40º Magosto Popular de Baños de Molgas

O 40º Magosto Popular de Baños de Molgas terá lugar no Parque Ansuíña o sábado, 11 de novembro, a partir das 19h.

A asociación de veciños de Baños de Molgas organiza este evento que conta coa colaboración do concello e varios establecementos comerciais.

40º Magosto Popular de Baños de Molgas

Os asistentes poden mercar os seus tíckets nos bares de Baños de Molgas ata o 9 de novembro. O menú constará de carne ó caldeiro con cachelos, chourizos, castañas, viño, bica, licores e queimada con obsequio dun prato e unha cunca de barro.

40º Magosto Popular de Baños de Molgas

O prezo por persoa será de 12€ e permitirá entrar no sorteo dun xamón e gozar coa música da charanga BCB.

Botón volver arriba