O Clube Ximnasia Escola Pavillón organiza unha clase maxistral de trampolín e pinchacarneiros para o próximo 22 de maio. Esta actividade terá lugar no Pavillón do Campo da Feira entre as 10h e as 16h. Cun número de prazas limitadas, a inscrición na actividade remata o 16 de maio. Os interesados poderán anotarse nos teléfonos 606147527 – 673629661 ou no correo electrónico escolaximnasia@gmail.com. As prazas adxudicaranse por rigoroso orde de inscrición.