As ximnastas do Burgas Melania Rodríguez, Marta López e Uxía Rodríguez participarán no Campionato do Mundo de 2026, que se disputará en novembro en Nanjing (China).
Na categoría sénior, Melania Rodríguez competirá en trampolín, modalidade olímpica, e dobre minitramp, disciplina na que é actual campioa do mundo e plusmarquista mundial.
Tres ximnastas do Burgas competirán no Mundial de Nanjing
Pola súa banda, Marta López participará tamén en dobre minitramp, tras lograr a terceira posición mundial co equipo nacional.

En categoría júnior, Uxía Rodríguez competirá en dobre minitramp. A ximnasta ourensá é actualmente subcampioa de Europa júnior co equipo nacional.
O Mundial contará tamén coa presenza do ourensán Iker García, actual campión de España de trampolín na categoría de 13-14 anos e que compite actualmente coa Ximnasia Pontevedra. Ademais, Lidia Farrapeira participará na categoría sénior de tumbling.

