Xa se atopa en funcionamento o parque de auga da Alameda do Cruceiro que permitirán refrescarse na época máis calorosa do ano.
O parque de auga que o concello ten na Alameda do Cruceiro foi en anos anteriores un gran atractivo para as persoas que acudían a refrescarse. Situado entre as rúas Progreso e Concejo, este parque de auga é o único deste estilo na cidade de Ourense.
En funcionamento o parque de auga da Alameda do Cruceiro
«Os nenos e nenas de Ourense poderán gozar de máis horas de lecer nesta instalación de ocio», indica Jorge Pumar, concelleiro de Medio Ambiente. Esta afirmación fai referencia o horario de funcionamento desta instalación que será desde as 10h ata as 21h.
O calendario de funcionamento do parque de auga será desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro. Durante este período, o concello tamén programará actividades dirixidas. Estas serán en horario de 19h a 20h durante os meses de xullo e agosto. Obradoiros de pompas, globoflexia e xogos relacionados coa auga permitirán crear destino acuático no centro da cidade.