Noticias

AstroTrevinca alcanza a súa 8ª edición na Veiga

O evento de divulgación científica AstroTrevinca alcanza a súa 8ª edición na Veiga que confirma unha vez máis a súa importancia neste eido.

O concello da Veiga conta co Centro Astronómico Trevinca, lugar de referencia na observación astronómica. É precisamente aí onde se celebrará o evento científico entre os días 23 e 25 de setembro.

AstroTrevinca alcanza a súa 8ª edición na Veiga

«O noso territorio á vangarda de todo o que ten que ver coa investigación astronómica e co goce dun dos mellores ceos do mundo» destaca César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense.

AstroTrevinca alcanza a súa 8ª edición na Veiga
Foto: deputación de Ourense

Na programación de Astro Trevinca hai espazo para conferencias, mesas redondas e observacións. Recoñecidos expertos serán os encargados de mostrar tanto a afeccionados como a profesionais os últimos avances científicos na materia. Entre as presenzas máis destacadas:

  • Jorge Mira – físico e divulgador científico
  • Minia Manteiga – Catedráticca da Universidade da Coruña
  • Ramón Iglesias – Centro de Estudios de Física del Cosmos de Aragón

O director do Centro Astronómico, Óscar Blanco, sinalou que «desde as primeiras xornadas para afeccionados, agora gaña peso a presenza de profesionais». Nesa dirección tamén fixo referencia Juan Anta, alcalde da Veiga. O rexedor destacou o papel do Centro Astronómico «que nos fixo referentes dun turismo sostible, diferente e desestacionalizado».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.