Entréganse esta tarde os premios Identific-Arte nun acto público que terá lugar no Salón de Actos do concello de Ramirás.
O acto terá lugar ás 19:30h e contará coa presenza dunha representante da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e da alcaldesa de Ramirás.
Entréganse esta tarde os premios Identific-Arte
Debido á calidade dos traballos recibidos para o II Certame das Expresións culturais Identific-Arte, o xurado concedeu dous accésit extraordinarios. Estes dous recoñecemento súmanse ós premios previstos nas bases.
Premios do certame Identific-Arte
- Primeiro Premio: César Fontenla López
- Segundo Premio: Alba Rodriguez Cid
- Terceiro Premio: Dolores Rodríguez Alonso
- Accésit Infantil: Sebastián Salgado Seijo
- 2 accésit extraordinarios: Esteban Montes e Uxía Nieves