O concello de Xinzo prepara un proxecto de mellora da rúa Dous de maio que servirá para mellorar a pavimentación, as beirarrúas e a accesibilidade no tramo con dobre altura.
Un dos problemas que presenta esta rúa de Xinzo é o acceso que teñen algunhas vivendas. Un sistema de dobre beirarrúa supón un grave problema de accesibilidade.
O concello de Xinzo prepara un proxecto de mellora da rúa Dous de Maio
Nun tramo da rúa Dous de Maio a beirarrúa está dividida nunha zona ó nivel da calzada e outra a un metro de altura. Para salvar o desnivel existente existen unhas ramplas que non cumpren a normativa de accesibilidade. No proxecto que se está a realizar irán incluídas as seguintes actuacións:
- Renovación do pavimento e infraestruturas,
- demolición das beirarrúas da marxe dereita,
- renovación da rede de saneamento,
- instalación de bocas de rego,
- soterramento da rede de alumeado,
- construción de beirarrúas de 1,5 metros de ancho,
- instalación de ramplas, escaleiras accesibles e varandas de protección
O orzamento da obra prevista alcanza os 250.000 euros. Para poder acometer esta inversión, o goberno municipal pedirá a colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.