Eventos

Luns Borralleiro en Laza

Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, o Entroido de Laza ten no Luns Borralleiro un dos seus días máis importantes.

A Baixada da Morena, con formigas, toxos e cobelleiros é un dos momentos máis agardados polas persoas de Laza e os que acoden dende distintos puntos de Galicia.

Luns Borralleiro en Laza

Durante todo o día, a música e a festa invaden Laza para gozar da xornada do Luns de Entroido.

  • Música polas rúas cunha charanga e un grupo tradicional
  • Farrapada, Maragatos e Xitanada dos Burros (pola mañá)
  • 15h. – Música na Picota cunha charanga
  • 16h – Baixada da Morena e Reparto da Cachucha
  • 20:30h – Animación cos Festicultores
  • 00:30h – Verbena coa Orquestra Triunfo
Luns Borralleiro en Laza

Botón volver arriba