Noticias

Barbadás quere recuperar «un tesouro agochado»

O concello de Barbadás quere recuperar «un tesouro agochado» mediante a inversión de 400.000 euros que permita levar a cabo un ambicioso proxecto.

A presentación da iniciativa tivo lugar na casa do concello e foi realizada polo alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e pola tenente alcalde, Victoria Morenza.

Barbadás quere recuperar «un tesouro agochado»

Ese tesouro ó que se refire o alcalde de Barbadás é o Camiño dos Muíños e o contorno da Fervenza do Pisco. O proxecto de recuperación e humanización de toda esta zona (5 millóns de metros cadrados) permitirá recuperar unhas das zonas con máis encanto do concello.

Barbadás quere recuperar "un tesouro agochado"
Foto: concello de Barbadás

O financiamento do proxecto contará coa colaboración da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil tralo acordo alcanzado co presidente da entidade. «A proposta é  tan sutil que non resta nin un ápice de protagonismo ao espazo natural, dunha gran beleza, máis ben ao contrario, o resalta e pon en valor«, indica o alcalde de Barbadás.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.