Noticias

Julio Prada será o candidato socialista en Vilardevós

Julio Prada Hohenstein será o candidato socialista á alcaldía de Vilardevós nas eleccións municipais que terán lugar o 28 de maio.

A candidatura de Julio Prada recibe de novo o respaldo do partido tras ser candidato nas eleccións de 2019.

Julio Prada será o candidato socialista en Vilardevós

O candidato indica que «precisamos dun concello áxil e resolutivo para dar resposta rápida a problemática veciñal». Unha das claves é «estar en contacto permanente coas asociacións veciñais e xuntas de montes, porque son os que verdadeiramente saben que cousas precisa cada núcleo de poboación».

Entre os obxectivos que se marca Julio Prada destacan «municipalizar os servizos públicos que antes xestionaba o concello de forma efectiva e que agora están privatizados, pór en marcha medidas municipais para facer atractivo o noso concello, tanto para posibles empresas de fóra que creen postos de traballo e se asenten en Vilardevós, como para fomentar a agricultura ou o gando para que a xente nova a vexa como unha vía de futuro».

Julio Prada será o candidato socialista en Vilardevós

Botón volver arriba