O concello de Barbadás recoñece ós heroes da Pandemia do Coronavirus nun acto que terá lugar hoxe, 1 de abril, ás 11:30h na rúa Salgueiriños.
Durante os peores momentos trala declaración do Estado de Alarma e o confinamento da poboación, un conxunto de cidadáns traballou a prol da sociedade.
Barbadás recoñece ós heroes da Pandemia
«Este evento é unha oportunidade para agradecer a todas as persoas que demostraron unha gran solidariedade e dedicación aos demais, nun momento especialmente crítico no que o país estaba desconcertado polo impacto da pandemia e a gran cantidade de vítimas que se cobrou», destaca Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.
Sanitarios, protección civil, Sergas, Garda Civil e residencias de maiores son algúns dos colectivos que hoxe serán homenaxeados en Barbadás. No evento, as autoridades inaugurarán un monolito que recorde esa labor incansable realizada fai tres anos.

Tamén se nomeará como Paseo da Solidariedade á rúa situada entre as rúas Salgueiros e Carrís, actualmente sen nome.