Noticias

A Procesión do Santo Enterro percorreu as rúas do Carballiño

A Procesión do Santo Enterro ou «dos Caladiños» percorreu as rúas do Carballiño baixo un ambiente de solemnidade e unha gran afluencia de persoas.

Un dos momentos máis destacados da Semana Santa é a Procesión do Santo Enterro. Este acto relixioso é un dos puntos álxidos destas datas que a cidadanía vive con gran devoción e fervor.

A Procesión do Santo Enterro percorreu as rúas do Carballiño

A Procesión do Santo Enterro percorreu as rúas do Carballiño
Fotos: Helena Iglesias

Ás 21h daba comezo a Procesión que tiña unha vez máis o punto de inicio no templo da Vera Cruz. Tras saír do templo, a procesión percorreu ás rúas Evaristo Vaamonde, Rúa Conde Vallellano, Rúa Aldara, Rúa Cesáreo Tizón, Iglesia de San Cibrao, Rúa Vulcano, Rúa Tomás Mª Mosquera, Praza Maior, Rúa Rosalía de Castro, Rúa Curros Enríquez, Rúa Palacios e Templo da Vera Cruz.

Foi moi numerosa a participación da cidadanía durante todo o percorrido dos pasos procesionais. Santa María Magdalena e San Juan al Pie de la Cruz, Santísimo Cristo Yacente e Nuestra Señora de los Dolores estiveron acompañados tamén pola música da Real Banda de Gaitas e a Banda de Cornetas e Trompetas Acotaga de Ferrol.

Vídeos da Procesión do Santo Enterro

Vídeo: Helena Iglesias
Vídeo: Helena Iglesias
Vídeo: Helena Iglesias

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.