O PSdeG-PSOE de Ourense chamou no Carballiño a defender nas urnas as pensións públicas e a súa revalorización conforme ao IPC, fronte ao modelo do PP.
Os socialistas destacaron que a provincia conta con 109.915 pensións contributivas, cunha nómina mensual de 113,09 millóns de euros. A pensión media de xubilación alcanza os 1.144,37 euros, un 49,5 % máis que en 2018.
O PSdeG reivindica a defensa das pensións públicas
A candidata ao Senado, María Fernández Ojea, subliñou a importancia destas prestacións para a economía provincial e lembrou que en 41 dos 92 concellos ourensáns as pensións achegan máis ingresos aos fogares que os salarios.

Pola súa banda, o candidato ao Congreso, Brian Diz González, defendeu a actualización das prestacións conforme ao IPC e criticou que o PP e Vox votasen en contra da Lei 21/2021. Tamén lembrou que durante o Goberno de Mariano Rajoy as pensións apenas subían un 0,25 % anual.

