O PSdeG-PSOE de Ourense reúnese coa asociación Arelas para poder escoitar as propostas que esta entidade cree necesarias na sociedade actual.
Membros do Partido Socialista reuníronse con Carlota Freire, presidenta da Asociación de menores e mocidade trans de Galicia (Arelas), para establecer unha canle de comunicación.
O PSOE de Ourense reúnese coa asociación Arelas
Carlota Freire indica que toda a cidadanía ten dereito a desenvolver «o seu proxecto vital con total liberdade, dignidade e igualdade de oportunidades naturalizando que todos somos diversos». Recorda que «entre as nosas labores está a de axudar e orientar aos menores, pero tamén á mocidade ata os 25 anos, que acoden á asociación por problemas derivados da súa disforia de xénero como pode ser o rexeitamento familiar e social ou o desconcerto ao non saber como e cando poden iniciar os seus procesos de cambio, entre outras cousas».
![O PSOE de Ourense reúnese coa asociación Arelas](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2023/04/reunion-asociacion-arelas-800x600.jpg)
Foto: PSdeG-PSOE de Ourense
Natalia González Benéitez, voceira socialista no concello de Ourense recordou que «os maiores avances sociais neste país déronse sempre con gobernos do PSOE, iso é indiscutible, e lamentamos profundamente a situación actual. No noso ADN vai impreso a colaboración coas entidades sociais porque son as que mellor coñecen as realidades das persoas que se achegan a elas. No caso de Arelas, agradecémosvos o fantástico traballo que levades facendo estes anos en toda Galicia».