A Fundación Expourense mostrou as cifras de 2022 entre as que destaca o alto número de persoas que visitaron o recinto. Estas visitas tiveron como finalidade participar na ampla oferta que se realizou durante o ano.
Representantes da Deputación de Ourense, Concello de Ourense, Confederación Empresarial de Ourense e o delegado territorial da Xunta en Ourense acompañaron ó vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e presidente do Padroado da Fundación Expourense, Francisco Conde, na presentación dos datos de actividade.
Expourense mostrou as cifras de 2022
A nota común durante os doce meses do ano 2022 en Expourense foi a intensidade coa que se programaron e realizaron actividades. Durante todo o ano, o recinto de Expourense acolleu actividades sanitarias, deportivas e feirais.
Rogelio Martínez, xerente de Expourense, indicou que a institución «cumpriu os seus obxectivos celebrando un calendario ferial intenso que incluíu, entre outras moitas cousas, a organización da metade das feiras internacionais celebradas en Galicia. Foron 12 meses de intensa actividade nos que tivemos que adaptar de novo o noso calendario e compaxinar a actividade feiral e deportiva coa sanitaria».
Esta actividade provocou as 240.000 visitas ó recinto rexistradas durante todo o ano. Estas cifras confirman a importancia de Expourense como axente dinamizador en Ourense.