Noticias

Denuncian ante a Garda Civil as pintadas contra unha concelleira

Integrantes do PSdeG-PSOE de Vilardevós denuncian ante a Garda Civil as pintadas realizadas contra unha concelleira con contidos «misóxinos» e «machistas».

O pasado 28 de maio tiveron lugar as eleccións municipais en toda España que permitiron a elección dos concelleiros e concelleiras que formarán parte das corporacións municipais durante os próximos catro anos.

Denuncian ante a Garda Civil as pintadas contra unha concelleira

Elisa Fernández Arratibel foi unha das persoas que resultou elexida como concelleira para entrar a formar parte da corporación do concello de Vilardevós. Todo ben ata que nos últimos días apareceron unhas pintadas no centro social de Lamardeite.

Denuncian ante a Garda Civil as pintadas contra unha concelleira

Eva Pérez Gamote, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía, indicou que «chegan despois das votacións e tras unha campaña limpa e de respecto e unión pola nosa banda, xa que consideramos que é ao que viñemos á política». Estes ataques «están completamente fora de todo lugar e non imos toleralos baixo ningún concepto».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.