O músico Abraham Cupeiro fai vibrar ó público de Ourense que encheu o Centro Cultural Marcos Valcárcel nun doble acto organizado pola Deputación de Ourense.
O curso 2022/23 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense rematou coa entrega de diplomas ó alumnado participante.
Abraham Cupeiro fai vibrar ó público de Ourense
Na primeira parte do acto, os profesores do Obradoiro, Manuel Brañas e Xosé Maceda, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, entregaron os diplomas.
Tras recoñecer o traballo do alumnado do Obradoiro, chegou o momento de Abraham Cupeiro. O músico e investigador presentou o proxecto «Resoando no Pasado» ante un público que viaxou a través do tempo ó son dos múltiples instrumentos. Desde primitivos instrumentos, outros das épocas romanas ou gregas, e rematando por instrumentos do século XIX, Cupeiro logrou sorprender ós asistentes.
O espectáculo, interrompido en varias ocasións por inoportunas melodías de Smartphone, rematou co público posto en pe para agasallar á Abraham Cupeiro cun largo e intenso aplauso. A mestría mostrada na execución de cada instrumento e a laboriosa tarefa de investigación realizada para poder reconstruír algúns deles despois de varios séculos converte a Abraham Cupeiro nun dos maiores especialistas na materia.