O concello de Vilardevós acolle este sábado, 2 de decembro, o Festival de Saberes con varias actividades que ocuparán todo o día.
A programación deste festival comezará pola mañá cunha visita ás pinturas rupestres do Penedo Gordo e rematarán coa actuación musical de Díaz.
Vilardevós acolle o Festival de Saberes
- 10:30h – Visita ao xacemento con pinturas rupestres do Penedo Gordo e presentación de Premedia
- 19:30h – Proxección Cinema documental na Casa da Cultura de Vilardevós: Memoria na Pedra
- 20:15h – Concerto na Casa da Cultura de Vilardevós: Díaz.