O entroido tivo unha clara referencia ós Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 no CEIP Conde de Fenosa do Barco de Valdeorras.
O alumnado do centro mostrou cos seus disfraces varias temáticas referentes ó coidado do medio ambiente.
Entroido Sostible no Conde de Fenosa
A alimentación saudable foi o tema escollido polo alumnado de infantil con claro protagonismo das froitas. O coidado da fauna e a biodiversidade foi o tema que mostraban os do 1º ciclo. O 2º ciclo de primaria fixo referencia ós plásticos que se atopan nos océanos e a vida submariña.
Os alumnos e alumnas de 5º curso eran os superheroes da limpeza e restauración dos ecosistemas mentres que os de 6º expuñan a necesidade de practicar deporte como hábito saudable para todas as idades.