O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, recibiu a representantes de entidades de radioafeccionados de Ourense para mostrarlles o seu apoio.
José Ramón Crespo, José Ángel Casanova, Luis Fernando Seijas, José Luis Piñeiro e Fernando Casanova forman parte da Rede Nacional de Radio de Emerxencia (REMER) e da Unión de Radioaficionados de Ourense (URO).
Eladio Santos recibiu a representantes de radioafeccionados
Eladio Santos agradeceu a labor que prestan estes radioafeccionados apoiando as tarefas de protección civil na atención de emerxencias. «Aínda que as comunicacións e sistemas de vixilancia evolucionaron moito, os radioafeccionados sempre son un recurso extremo, co cal hai que apoialos», indicou o subdelegado.