Noticias

Ourense garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presidiu este xoves un minuto de silencio ante a Subdelegación do Goberno en sinal de loito e respecto polas vítimas do accidente ferroviario acontecido en Urda (Toledo).

No acto participaron empregados da Administración Xeral do Estado (AGE), membros das Forzas e Corpos de Seguridade e representantes doutras administracións e institucións.

Ourense garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

Santos trasladou as súas condolencias aos familiares das vítimas e desexou unha pronta recuperación aos feridos. Ademais, agradeceu o labor dos servizos sanitarios e de emerxencias, a Garda Civil, a UME e o resto de persoas implicadas no dispositivo de atención ao accidente.

Ourense garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo
Foto: Subdelegación do Goberno.

Botón volver arriba