O ourensán Millán Brea está unha vez máis entre os nomeados a Mellor Docente de España ó ser proposto polo seu alumnado.
A VIII Premios Educa Abanca terán entre os seus finalistas a este polifacético ourensán que recolle desta forma unha importante gratificación ó seu traballo.
Millán Brea está entre os nomeados a Mellor Docente de España
Destinados a premiar ós mellores docentes de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bachiller, FP, Universidade e Formación non Formal, os Premios Educa teñen unha gran relevancia na comunidade educativa.
Para coñecer si Millán Brea gaña este premio teremos que agardar ó próximo 15 de marzo de 2025. Ese día terá lugar a Gala Anual na que estarán os 10 finalistas de cada categoría. Eses finalistas serán anunciados o 15 de decembro de entre todos os nomeados.
Neste curso 2024/25, Millán Brea imparte clases no CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa.