O concello de Barbadás renova o paseo do Parque da Liberdade que presentaba numerosos problemas polo deterioro sufrido nos últimos anos.
A actuación realizada permitirá dispor dun paseo máis accesible no que se renovaron todos os elementos.
Barbadás renova o paseo do Parque da Liberdade
A tenente de alcalde, Victoria Morenza, indicou que «agora pódese acceder con facilidade tanto dende o inicio coma dende o final do Parque. Isto favorece a mobilidade, accesibilidade e seguridade dos veciños e veciñas que pasean por esta zona».
O Parque da Liberdade é un dos espazos máis utilizados polas familias da Valenzá nas horas de lecer. O novo paseo conta cun novo firme de formigón e novos sumidoiros que permiten una mellor accesibilidade.