Noticias

A Nosa Cinza convértese nun cómic

O libro A Nosa Cinza, do escritor Xavier Alcalá, pasou de novela a banda deseñada nun proceso realizado polo ilustrador Manuel Cráneo.

Serán precisamente este ilustrador e o escritor do libro os que presenten este xoves, 24 de outubro, o proceso de adaptación realizado.

A Nosa Cinza convértese nun cómic

O lugar que acollerá esta charla será a Sala Expositiva do Hospital da Trindade en Monterrei. A partir das 17h, Manel Cráneo e Xavier Alcalá exporán ós presentes o proceso que realizaron. Apoiados por varias proxeccións, os asistentes poderán percorrer o proceso creativo que permitiu converter A nosa Cinza nunha novela gráfica.

Esta actividade forma parte do programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia FalaRedes.

Botón volver arriba