O cantautor Xosé Constenla presenta este sábado, 26 de outubro, o seu libro-CD «Para nunca esquecer» na tenda OZOCOgz do Carballiño.
O evento comezará ás 12:30h e contará con música, poesía e un intercambio de puntos de vista sobre a memoria histórica.
Xosé Constenla presenta «Para nunca esquecer»
A reivindicación da memoria histórica supón o fío condutor deste traballo artístico. O autor estará acompañado pola poeta Belém de Andrade e a integrante do COmité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, Dores García Duarte.