Noticias

Reabre o tramo ferroviario entre Ourense e Monforte

Reabre tras dous anos de traballos o tramo ferroviario entre Ourense e Monforte que permitirá unha mellor comunicación entre ambas localidades.

Dous anos de incomodidades rematan coa viaxe inaugural do novo tramo entre Ourense e Monforte de Lemos.

Reabre o tramo ferroviario entre Ourense e Monforte

Os 46 kms que ten este tramo sufriron unha profunda renovación. «Realizouse unha renovación integral da plataforma, travesas, vía, catenaria, iluminación, sinalización, calibre de túneles e viadutos, así como a mellora na dixitalización e conexión cos centros de control de tráfico», sinalou o subdelegado do Goberno, Eladio Santos.

Segundo indicou o subdelegado, «é unha importante inversión nunha vía que data do século XIX» e que agora conta con melloras na seguridade ó eliminar pasos a nivel. Cando rematen os traballos que se están realizando no tramo entre Monforte e Lugo, as dúas capitais de provincia quedarán unidas pola alta velocidade.

Reabre o tramo ferroviario entre Ourense e Monforte
Foto: Subdelegación do Goberno en Ourense

Este proxecto que inclúe tamén a renovación da Estación Intermodal de Ourense conta cun orzamento de 650 millóns de euros que aporta o Goberno de España.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.