Noticias

O BNG esixe seriedade e rigor co asunto da ORA

O grupo municipal do BNG esixe ó alcalde de Ourense seriedade e rigor co asunto da ORA e o anuncio de suprimir este servizo.

«Xa perdemos a conta de cantas veces leva anunciado o Alcalde esta medida» indica o portavoz nacionalista no concello de Ourense, Luís Seara.

O BNG esixe seriedade e rigor co asunto da ORA

Indica Seara que «a última vez que se abordou esta cuestión, xa advertimos que estabamos diante dunha idea que non conta con ningunha base documental».

Solicita prudencia o voceiro nacionalista que destaca que «é unha cuestión de enorme relevancia xa que a supresión do Servizo da ORA pode provocar un efecto dominó na mobilidade do concello». Desde o BNG solicitan que antes de suprimir o servizo da ORA o goberno opte pola «creación dunha Comisión político – técnica para falar da proposta».

O BNG esixe seriedade e rigor co asunto da ORA
Foto: BNG de Ourense

Os representantes do BNG ofrécense a «a avaliar posibles escenarios, incluído o da gratuidade do Servizo«. Así mesmo, indican que «o debate debe estar inxerido dentro do PMUS, con informes que permitan avaliar as consecuencias da supresión e mesmo pondo enriba da mesa as posibles alternativas».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.