Deportes

Exhibición de ximnastas no Torneo de Nadal

Unha auténtica exhibición de ximnastas tivo lugar esta fin de semana durante a celebración do XVIII Torneo de Nadal que organiza o Club Ximnasia Escola Pavillón.

O Pavillón dos Remedios acolleu esta xornada deportiva na que participaron decenas de ximnastas de toda Galicia.

Exhibición de ximnastas no Torneo de Nadal

O deporte e a solidariedade foron os protagonistas deste evento que lembra a memoria de Marosa Salgado Madriñán.

Entre os participantes estiveron algúns dos conxuntos que participarán no próximo Campionato Nacional que se celebrará en Pamplona. A música dalgunhas das series máis coñecidas dos últimos anos acompañou a execución dos exercicios.

Exhibición de ximnastas no Torneo de Nadal
Foto: Club Ximnasia Pavillón

Coa entrega de obsequios ó preto de cincocentos ximnastas participantes, rematou unha xornada na que estiveron presentes os seguintes clubs:

  • Club Esquio- Ferrol
  • E.D. Xinzo de Limia
  • Club Viravolta- Santiago de Compostela
  • E.D. Celanova
  • C.D. Ximnasia Rítmica Verín
  • E.D. Barbadás
  • E.D. Maceda
  • Miraflores Ourense
  • Escola Pavillón Ribadavia
  • Escola Pavillón Pereiro de Aguiar
  • Club Ximnasia Pavillón Ourense
  • Club Ximnasia Escola Pavillón
Exhibición de ximnastas no Torneo de Nadal
Foto: Club Ximnasia Pavillón

Pola mañá participaron os ximnastas de rítmica e na sesión da tarde estiveron os ximnastas de trampolín. Algúns dos momentos máis emotivos da xornada foron as participacións dos ximnastas máis pequenos.

Na modalidade de trampolín participaron os seguintes clubs:

  • Club Gravity-Lugo
  • E.D. Barbadás
  • Club Ximnasia Pavillón Ourense
  • Escola Pavillón

Paralela a celebración deportiva tivolugar unha acción solidaria. A Operación Kilo permitiu recoller preto de 300Kg de alimentos. Tamén se venderon preto de medio millar dos calendarios solidarios que promove o Club Pavillón.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.