Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense, visitou unha empresa que experimentou unha mellora en tecnoloxía dixital grazas ó programa Kit Consulting.
Esta empresa, situada na comarca de Valdeorras, mellorou a súa xestión e ciberseguridade ademais de optimizar a xestión de recursos, o tratamento de provedores e o control de stocks.
Mellora en tecnoloxía dixital grazas ó programa Kit Consulting
Na visita que Eladio Santos realizou a Maderas Manuel Núñez puido comprobar os beneficios desta liña de axudas. Esta mellora do seu funcionamento permitirá a esta empresa unha maior competitividade no seu sector.
Santos destacou na súa visita que estamos ante «unha industria da madeira moi vencellada ao territorio, que son as que se precisan no mundo rural e isto permite que haxa explotación forestais, postos de traballo e creación económica no rural ourensán grazas aos propios recursos do mesmo».