Noticias

Xurxo Rodríguez será o novo responsable de organización do BNG

Xurxo Rodríguez será o novo responsable local de organización do BNG de Ourense substituíndo ó actual voceiro municipal Luís Seara.

Estes cambios no Consello Local déronse a coñecer nunha rolda de prensa na que participaron Luís Seara e Xurxo Rodríguez.

Xurxo Rodríguez será o novo responsable de organización do BNG

Seara comezou a súa intervención sinalando que «hai unha frase cuxa autoría non está moi clara que dí, en tempo de tribulación, non convén facer mudanzas. Esa frase ven a explicar que as mellores decisións son aquelas que se toman desde a serenidade, desde a reflexión, neste caso desde a reflexión colectiva».

Ante a súa substitución como responsable local, Seara destacou que «trasladei hai xa semanas á Organización a necesidade de facer axustes, a comezar pola substitución do que durante os últimos anos foi o Responsable Local, eu mesmo». Esta decisión responde principalmente «á necesidade de apostar por persoas novas que veñan cun novo empuxe, con novos bríos e tamén con novas ideas co obxectivo de irmos a por todas nas vindeiras eleccións de 2027».

O novo responsable local do BNG, Xurxo Rodríguez, mostrou o seu agradecemento polo nomeamento. Non deixou pasar a oportunidade de agradecer tamén «o traballo feito polo Consello Local saínte durante os últimos tres anos. Foron tres anos moi intensos, de moita actividade. Anos nos que houbo que discutir, onde houbo que avaliar, onde houbo que estudar e decidir sobre moitas cuestións e o Consello Local sempre estivo aí, á altura das circunstancias».

Xurxo Rodríguez será o novo responsable de organización do BNG
Foto: BNG de Ourense

Ante o reto electoral das eleccións municipais de 2027, Rodríguez sinalou que «iniciamos unha nova etapa. Temos por diante moitos retos. É certo que a nivel electoral e se nada se torce, non volveremos acudir ás urnas até maio de 2027, pero esa data temos que tela xa marcada en vermello nos nosos almanaques, non queda tanto tempo e temos que comezar a traballar xa de maneira intensa en poder chegar a esa cita nas mellores condicións posíbeis».

Novo Consello Local do BNG de Ourense

  • 1. Xurxo Rodríguez Sánchez (Responsable Local). Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC. Auxiliar político desde 2021 no Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense.
  •  2. Daniel Gómez (Viceresponsable Local)
  • 3. Rhut Marina Reza
  • 4. Erea Blanco
  • 5. Xosé Manuel Puga
  • 6. Sonia Albor
  • 7. Rubén Requeixo
  • 8. Inma Campos
  • 9. Manuel María Carnicero “Queni”
  • 10. Araceli Carragal
  • 11. Anxo Varela
  • 12. Lía García
  • 13. Xosé Fernández
  • 14. Noa Presas
  • 15. Iago Tabarés
  • 16. Xan Sabuz
  • 17. Xosé Luís Seara

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.