A atleta do Club Ourense Atletismo, Itziar Manso, gañou o Campionato Galego absoluto de campo a través que se disputou na Rúa.
O circuíto do Aguillón foi o lugar onde a atleta ourensá logrou o primeiro posto cun excelente tempo de 31’41».
Itziar Manso gañou o Campionato Galego de campo a través
Ademais do éxito de Itziar Manso, o Club Ourense Atletismo tamén obtivo o cuarto posto con Begoña Domínguez, o undécimo de Uxía Rodríguez e o cuadraxésimo primeiro de Isabel Rodríguez. Estas posicións permitiron ó club ourensán lograr a terceira praza na clasificación combinada.
Noutras categorías tamén atopamos protagonismo do Ourense Atletismo como foi o terceiro posto de Leyla Villar en sub20. Na categoría sub18, o Ourense atletismo logrou o segundo posto na clasificación feminina de clubs grazas ó sexto posto de Susana Padrón, o sétimo de Irma Veiguela, o oitavo de Naroa Pereira, o vixésimo de Mariela Quijano e o vixésimo segundo de Aloia Sabucedo. Mario Lorenzo logrou a cuarta posición na competición sub18 a poucos segundos do terceiro clasificado.