Deportes

A San Martiño 2026 abre as inscricións para a súa 49ª edición

A Carreira Pedestre Popular do San Martiño de Ourense xa ten aberto o prazo de inscrición para a súa 49ª edición, que se celebrará o domingo 8 de novembro sobre un circuíto homologado de 10 quilómetros.

O Consello Municipal de Deportes habilitou as inscricións a través da plataforma Carreiras Galegas. A categoría absoluta terá un prezo de 5 euros ata o 21 de outubro, mentres que entre o 22 de outubro e o 1 de novembro a cota será de 7 euros.

A San Martiño 2026 abre as inscricións para a súa 49ª edición

As probas de menores, nas categorías Sub18, Sub16, Sub14, Sub12 e Sub10, así como a Carreira Inclusiva, serán gratuítas. O prazo xeral rematará o 1 de novembro ás 23:59 h, mentres que os centros escolares terán ata o 19 de outubro para tramitar as inscricións das probas de menores.

A San Martiño 2026 abre as inscricións para a súa 49ª edición

A organización repartirá este ano premios de ata 4.000 euros nas categorías masculina e feminina. Os tres primeiros clasificados da categoría absoluta recibirán 4.000, 3.000 e 2.000 euros se logran marcas inferiores a 29 minutos nos homes e 32 nas mulleres. Por riba deses tempos, os premios serán de 2.000, 1.500 e 1.000 euros.

Tamén haberá 600, 400 e 200 euros para os tres primeiros atletas locais, un premio especial CaixaBank de 300 euros para o primeiro home e a primeira muller no quilómetro 5 e un incentivo de 1.000 euros por bater o récord do percorrido.

Botón volver arriba