Deportes

XXIII Carreira do Nadal de San Cibrao das Viñas

A XXIII Carreira do Nadal de San Cibrao das Viñas celebrarase o próximo 20 de decembro cunha proposta deportiva para todas as idades. A saída terá lugar nas instalacións deportivas de Ponte Noalla.

Esta proba contará con distintas distancias segundo as categorías: 10 quilómetros para a absoluta, 5 para Sub18, 1.200 metros para as categorías escolares e 100 metros para os máis pequenos, na modalidade de pitufos. Haberá premios en todas as categorías.

XXIII Carreira do Nadal de San Cibrao das Viñas

As inscricións poden realizarse presencialmente en Runmaniak (Ourense), ata o 16 de decembro, ou a través de Carreiras Galegas, ata o día 17 ás 23:59 h. Os participantes poderán escoller a talla da camiseta de agasallo ata o 25 de novembro.

XXIII Carreira do Nadal de San Cibrao das Viñas.

A carreira consolídase así como unha das citas deportivas tradicionais do Nadal na Provincia de Ourense, cunha convocatoria pensada para fomentar o deporte e a participación familiar.

Botón volver arriba