A Carreira Popular da Carballeira provocará cortes de tráfico e restricións de estacionamento este domingo, 18 de outubro, con motivo dunha nova proba do circuíto Correndo por Ourense.
O primeiro corte comezará ás 08:00 h na rúa do Xílgaro, para permitir a montaxe da saída, a meta e o podio.
A Carreira da Carballeira cortará varias rúas o domingo
Ás 10:30 h pecharase todo o percorrido, que inclúe a praza da Lexión e as rúas de Castelo Ramiro, do Hórreo, do Paspallás, do Salto do Can e da Rula.

A carreira comezará ás 11:00 h coa categoría Pitufos. As probas sub-10 e sub-12 sairán ás 11:05 h; as sub-14 e sub-16, ás 11:15 h; e o resto de categorías, ás 11:30 h.
O Concello prohibirá estacionar na praza da Lexión, na rúa do Xílgaro e en todo o percorrido de Castelo Ramiro. Terá unha especial atención ao tramo inicial, onde se habilitará un dobre sentido de circulación delimitado con conos.
Desvíos e cambios no autobús urbano
O tráfico en Castelo Ramiro desviarase pola rúa de Filomena Dato en sentido ascendente e polo camiño do Curandeiro en sentido descendente. En Couto Berredo, o desvío realizarase á altura da N-525, mentres que o acceso ao Salto do Can quedará pechado desde a rúa da Rula. Neste último caso, os vehículos deberán utilizar previamente a rampa de Sás–Francisco Asorey.
Os cortes tamén afectarán ao transporte público. Desde as 10:30h e ata o remate da proba, a liña 10 do autobús urbano, Cabeza de Vaca–Velle, circulará nos dous sentidos polas rúas Cabeza de Vaca, Tangaraño e Marcelo Macías.

