Avante Ourense solicita ao Concello que paralice preventivamente a montaxe da árbore de Nadal na praza Bispo Cesáreo para garantir a protección da Fonte de Oseira, pendente da súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).
A formación rexistrou unha petición municipal na que reclama comprobar as autorizacións e garantías técnicas da instalación, buscar unha localización alternativa para a decoración navideña e informar das medidas previstas para protexer a fonte, os bancos históricos e o pavimento da praza.
Avante Ourense pide paralizar a árbore de Nadal para protexer a Fonte de Oseira
O coordinador de Avante Ourense, Francisco Diéguez, lembra que os traballos relacionados coa árbore de Nadal provocaron danos nos bancos de pedra e no pavimento en 2023. Por iso, pide extremar as precaucións para evitar novos deterioros no patrimonio histórico da cidade.

«Non estamos en contra do Nadal nin de que Ourense teña unha decoración atractiva. O que non podemos aceptar é que se poña en risco o noso patrimonio cando existen alternativas para instalar a árbore noutro lugar», afirma Diéguez.
A formación considera necesario coñecer o estado da tramitación para declarar a Fonte de Oseira como BIC e adoptar medidas preventivas mentres se resolve o procedemento. «A cidade pode celebrar o Nadal sen sacrificar o seu patrimonio», conclúe o coordinador.

