Noticias

“Correndo por Ourense” provocará cortes de tráfico en Mariñamansa o domingo

As rúas incluídas no percorrido da Carreira de Mariñamansa permanecerán pechadas á circulación desde as 10.00 h.

A celebración da Carreira de Mariñamansa, integrada no circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, provocará cortes de tráfico na zona durante a mañá do domingo, 6 de setembro. A Policía Local activará un dispositivo especial para garantir a seguridade das persoas participantes e asistentes.

“Correndo por Ourense” provocará cortes de tráfico en Mariñamansa o domingo

A proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes, comezará ás 11.00 h e contará con carreiras nas categorías de menores e persoas adultas. Todas as rúas incluídas nos diferentes percorridos permanecerán pechadas ao tráfico desde as 10.00 h ata a finalización do evento.

“Correndo por Ourense” provocará cortes de tráfico en Mariñamansa o domingo
Foto: Concello de Ourense.

Durante o dispositivo, só estará permitido o acceso pola avenida de Zamora en dirección ao centro da cidade e á residencia sanitaria. Pola contra, o tráfico de saída de Ourense será cortado á altura da rotonda que conecta a rúa da Saínza coa avenida de Zamora.

A carreira das categorías inferiores percorrerá as rúas Xoán Manuel Pintos, do Regato, avenida de Zamora, Eduardo Pondal e da Hermida, antes de regresar ao punto de saída.

Pola súa banda, a proba de persoas adultas pasará por Xoán Manuel Pintos, rúa do Regato, avenida de Zamora, Ponte Sevilla, Vereda Papón e rúa da Hermida, con chegada novamente a Xoán Manuel Pintos.

Botón volver arriba